As ideas TIC, moi presentes nas candidaturas do Premio ao Novo Emprendedor de AJE-Galicia
venres, 13 de decembro do 2013
Entre as propostas a
levar o Premio
ao Novo Emprendedor do ano que convoca a Asociación de Novos
Empresarios (AJE-Galicia), nesta edición salientan as candidaturas
vinculadas aos produtos e servizos cun marcado cariz ecolóxico, con
metodoloxÃas e recursos para mellorar a nosa competitividade e,
tamén, con ideas que perseguen o mellor posicionamento en liña
posÃbel para os nosos produtos, solucións ou servizos. Asà nolo
conta a organización do certame, que entregará os ditos
recoñecementos o vindeiro 18 de decembro nun evento que se celebrará
na Estación MarÃtima de Vigo.
Segundo engade
AJE-Galicia respecto das propostas presentadas a Novo Empresario, o
perfil do candidato é moito máis variado e en moitos casos trátanse
de empresas que obtiveron xa un gran éxito.
A convocatoria, ademais
das dúas categorÃas principais, o 8º Premio Novo Emprendedor e o
8º Premio Novo Empresario, conta con tres accésit que valorarán
aqueles proxectos que salienten pola súa innovación, a súa
calidade ou por destacar en Responsabilidade Social Empresarial
(RSE).
Os candidatos ao Premio Novo
Emprendedor
· ABC de Bio: de Vigo, é unha tenda
que dispón de 1.600 produtos ecolóxicos.
· Amizar Innova: de Ourense, ademais
de ofrecer escapadas de fin de semana, están especializados en venda
de incentivos, team building para empresas e weekend
english para grupos.
· Bambú Nigrán: de Nigrán, esta
empresa combina o deporte e a saúde.
· Cenit English: de Vigo, mellora o
posicionamento en inglés das empresas e profesionais.
· Cervexa Artesanal Nós: de Vigo,
fabricará cervexa artesanal natural sen aditivos externos.
· Comunicare: de Vigo, especializados
en mercadotecnia online e tradicional.
· Ecosistemas Enerxéticos: de Vigo,
comercializan en exclusiva un sistema inmótico vinculado ao aforro
de enerxÃa.
· Espanorama: de Vigo, realiza tours
virtuais de todo tipo de negocios.
· Fildsgo: de Vigo, axudan a
externalizar a rede comercial dos seus clientes.
· Ganapán: de Vigo, dan voz na Rede a
pequenas empresas.
· JBA Eficiencia Enerxética 2.0: de
Salceda de Caselas, céntrase en como aforrar custos a través do
estudo de facturas, instalacións, illamentos, etc.
· Mia Mandarina: de Vigo, dedÃcase á
venda online de material para manualidades.
· Skidnoteeth: de Vigo, realiza
gardabarros para bicicletas urbanas, ecolóxicos, encartábeis e
personalizados.
· The Trending Market: de Vigo, fan
mercadotecnia e deseño.
· Viru Davvero: de Vigo, realiza
deseños exclusivos de bixutarÃa de venda online.
Candidatos Premio Novo Empresario
· Byfer: de Vigo, externaliza o
departamento de administración das empresas.
· El Escondite: de Vigo, centro de
lecer infantil de calidade.
· Gloval Novatrade: do Porriño,
ofrece servizos de asesorÃa e consultorÃa en comercio exterior a
empresas de Galicia e o Norte de Portugal.
· Grupo Arquea: de Vigo, achega
solucións de xestión de alto valor engadido integrando todas as
áreas da empresa.
· Kemegal QuÃmicos: de VilagarcÃa de
Arousa, este laboratorio saca ao mercado máis de 50 novos produtos
ao ano.
· Koala: do Porriño, elabora produtos
para o viño e o 90% deles, con patentes e deseños industriais a
nivel internacional.
· Newcell: de Vigo, achega solucións
en materia de telecomunicacións
· La Pepita Burger Bar: de Vigo,
trátase dun negocio de éxito especializado en hamburguesas
gourmet.
· Sevennis: de Vigo, as súas
pezas están situadas en 52 puntos de venda en España e Portugal.
· Shops and Stores Concept (Stoco): de
Vigo, están especializados en equipamento de frÃo para a
alimentación tanto en positivo como en negativo.
· The Nude Design: de Vigo, é un
estudo de deseño de mobiliario que no último ano impulsou unha
colección que o cliente pode personalizar.