As rebaixas de verán chegan aos xogos de PS4 en formato físico

luns, 18 de xullo do 2016 Marcus Fernández

Aínda que durante o verán a PlayStation Store tivese ofertas de auténtico infarto, continúa a haber un importante volume de xogadores que non gusta do soporte descargable e prefire mercar os seus xogos en disco, e pensando neles dende Sony iniciaron hoxe unhas rebaixas de verán para soportes físicos que durarán até o 31 de xullo e como grande expoñente terán o xogo Uncharted 4: El Desenlace del Ladrón por 49,99 euros (o que supón un aforro de 20 euros), considerado como o grande imprescindible do ano para PlayStation 4.
Co mesmo aforro que Uncharted 4 esterían os xogos Bloodborne: Game of the Year Edition, Uncharted The Nathan Drake Collection e Until Dawn, que poden adquirirse por 49,99 euros, aínda que moitos preferirán optar por xogos máis económicos como The Last of Us Remasterizado, Bloodborne, The Order: 1886, e Ratchet & Clank por 29,99 euros ou DRIVECLUB, Infamous: Second Son e Killzone Shadow Fall por 19,99 euros.

PUBLICIDADE