PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

As teleoperadoras consideran inviable o plan do Goberno para levar a Internet aos alumnos de primaria

xoves 14 de maio do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

PNG - 164.6 KB
Ordenadores coma os portugueses Magalhães poderían ser os que se entregasen aos cativos españois

O plan do Goberno para achegar portátiles aos 420.000 alumnos de 5º de Primaria, así como acceso á Internet nas aulas podería ser unha tarefa imposible segundo as principais compañías de telecomunicacións españolas, que estiman que a tecnoloxía necesaria para dotar de conectividade suporía un custo de «entre 1.500 e 2.000 euros por aula», o que incluso podería ser superior en casos nos que sería preciso optar por conectividade por satélite (en lugares onde non chega a banda larga). A estes gastos tamén habería que sumar os prezos mensuais da conexión á Internet (que sería superior ao dunha conexión doméstica, pois debería dar servizo a multitude de usuarios simultáneos, para o que é necesario un maior largo de banda).
Tamén destacan que dotar de equipos informáticos aos cativos sería a parte máis doada (ao facer un grande pedido podería reducirse considerablemente o seu prezo) pero o seu mantemento sería outro cantar, xa que habería que evitar que todo «falle na metade dunha clase».
As operadoras tamén consideran que debería darse prioridade a levar o acceso á Internet a todos os fogares españois, pois o feito de que os cativos poidan levar o ordenador á súa casa non serviría de nada se alí non gozan dun acceso á Rede que lles permite facer os deberes.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS