As trasnadas dos Jackass chegarán as consolas en setembro

mércores, 1 de agosto do 2007 Matías Olazabal

Finalmente a versión do xogo da xa célebre serie Jackass (logo convertida en película), chegará as consolas do mundo no vindeiro mes de setembro. Serán preto de 40 diferentes probas e escenarios para tentar que os personaxes da serie fagan (ou se fagan) o meirande dano posible. As probas xa míticas, coma o tiro ao colega con rifles de paintball, o as impredecibles patadas nas partes baixas, combinadas con algunhas novas -coma unha carreira na neve con refrixeradores-, estarán dispoñibles para Playstation2, PSP e Nintendo DS.
Segundo os comentarios dalgunhas páxinas dedicadas a videoxogos, a acción non ten fin, as animacións están ben acadadas, e o xogo conta coas voces orixinais de Knoxville e compañía. Malia todo, o guión do xogo semella ser pobre. De feito, descríbese como unha combinación de minixogos, o que, por outra banda é o mesmo concepto que levou a esta atípica serie as pantallas da MTV.

PUBLICIDADE