PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Asus presenta unha barra de son envolvente para o PC

xoves 11 de marzo do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

Para gozar dun son de calidade na reprodución multimedia non sempre podemos gozar dunha instalación de altofalantes ao noso redor para ter unha sensación envolvente, e pensando niso Asus anunciou que están a preparar o lanzamento dos altofalantes Asus Cine5, unha barra de son de 37,3 centímetros de longo que permite achegar un son de 5 canles cunha potencia total de 28 W, o que agradecerán os afeccionados a ver películas no seu ordenador ou os que queiran somerxerse máis nos videoxogos de acción en primeira persoa.
Polo momento non sabemos nin a data de lanzamento nin o prezo destes interesantes altofalantes que supoñen un importante aforro de cableado, que tamén é capaz de mellorar a experiencia de reprodución de son con só 2 canles.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS