Bankinter Móvil deixará de operar o vindeiro dÃa 31
martes, 7 de xullo do 2015
Hai uns anos chegaron ao mercado español moreas de Operadores
Móbiles Virtuais (OMV) que pretendÃan facerse cunha porción da torta do negocio
da telefonÃa móbil cun investimento mÃnimo, con sortes moi diferentes, de xeito
que algunhas compañÃas como Pepephone conseguiron consolidar unha boa carteira
de clientes grazas ao seu bo servizo de atención, mentres que outros foron
deixando de operar paulatinamente, e nesta última liña está Bankinter
Móvil, compañÃa que operaba coa rede de Orange, e que está
a comunicar aos seus usuarios que o vindeiro 31 de xullo deixará de existir,
portando os seus usuarios a Simyo.
Os actuais clientes de Bankinter Móvil non percibirán cambios de cobertura (xa
que a súa compañÃa actual e Simyo empregan a mesma rede) pero si recibirán unha
nova tarxeta SIM, asignándoselles tamén a tarifa de Simyo que máis se aproxime
á súa tarifa actual.
Con esta operación confÃrmase a tendencia á concentración de operadores de
telecomunicacións despois de anos nos que se intentou crear unha aparencia de
competencia que nunca chegou a ser tal.