Batman The Telltale Series estrea tráiler
martes, 19 de xullo do 2016
Os seareiros de Batman están ansiosos por ver o xogo episódico
que está a preparar Telltale Games, que estreará
o seu primeiro capÃtulo Realm of Shadows
o vindeiro 2 de agosto (aÃnda que os máis pacientes poderán facerse co xogo
en formato fÃsico cos 5 primeiros episodios e o pase de tempada para os 4
episodios descargables seguintes a partires do 16 de setembro), e por fin
podemos ver como será este tÃtulo a través do seu primeiro tráiler, que deixa
ver a mestrÃa coa que conseguiron adaptar a banda deseñada de DC a unha
aventura interactiva na que tanto Batman como Bruce Wayne terán que equilibrar
os seus roles.
Batman The Telltale Series
será un xogo moi diferente aos da saga Batman
Arkham, xa que non estará orientado á acción, senón a narrar unha historia
de corrupción na cidade de Gotham, o que previsiblemente será moi satisfactorio
para os máis fieis da banda deseñada, especialmente se atendemos á magnÃfica
conversión que dende Telltale fixeron anteriormente con Fábulas.
Como vén a ser habitual, o xogo terá versión para ordenadores persoais como
referencia, pero estando tamén dispoñible para consolas Xbox 360, Xbox One,
PlayStation 3 e PlayStation 4, e para dispositivos móbiles con Android e iOS,
deixando claro que quere chegar á meirande parte de público posible.
Primeiro tráiler do xogo de Batman de Telltale