Bayonetta 2 está a ter un lanzamento desastroso no Xapón
xoves, 25 de setembro do 2014
O xogo Bayonetta
converteuse nun tÃtulo de culto pese a non rexistrar unhas vendas espectaculares,
e dende Nintendo consideraron oportuno atar ao estudio Platinum Games para que
a súa secuela fose exclusiva para Wii U, de xeito que suporÃa un bo reclamo
para a súa consola doméstica, pero a xogada non parece estar a saÃr ben se
atendemos ás vendas xaponesas, xa que as estimacións da
primeira semana á venda sitúan o número de unidades vendidas en só 28.825,
dando a impresión de que limitar o número de plataformas nas que se edita un
xogo deste tipo non é a mellor idea do mundo (a primeira entrega do xogo,
lanzada para Xbox 360 e PlayStation 3 vendeu unhas 200.000 unidades
na súa primeira semana).
Para pór estas vendas en perspectiva podemos comentar que na mesma semana Super Smash Bros. para Nintendo 3DS
vendeu 307.480 copias acumulando 1.256.015 unidades vendidas dende o seu
lanzamento, deixando claro que os resultados do xogo de Wii U están moi lonxe
de ser un grande éxito, aÃnda que si está moi por enriba do segundo xogo máis
vendido para esa plataforma, Mario Kart 8,
que na última semana só vendeu 6.022 unidades (aÃnda que cómpre lembrar que é
un xogo con bastantes meses ás súas costas.
AÃnda que cando chegue o 24 de outubro ás tendas españolas é de agardar que o
comportamento de Bayonetta 2 non sexa
tan malo como no Xapón, non parece que vaia ser o supervendas do outono, tendo
que deixar tal honra a Hyrule Warriors,
produción que pese a ser de nicho (o xénero musou
nunca foi moi popular en Occidente) parece estar a ter unha boa resposta do
público grazas ao pulo da marca de The
Legend of Zelda.
- Bayonetta 2 é un hack and slash cunha estética moi persoal, que valeulle o recoñecemento de moitos seareiros, aÃnda que non moitas vendas