Blackmagic Design ofrece de balde unha gravación de vÃdeo profesional para Android
luns, 24 de xuño do 2024
Dende Blackmagic Design non só teñen unha das aplicacións de edición de vÃdeo máis completas do mercado (DaVinci Resolve), senón que agora tamén ofrece unha potente aplicación de cámara profesional para móbiles Android de Samsung e Google, favorecendo que os usuarios de dispositivos destas marcas poidan gozar de caracterÃsticas de gravación de vÃdeo que habitualmente estaban reservadas para aplicacións de pagamento, e que con Blackmagic Camera son de balde.
A aplicación de Blackmagic Camera achega controis para conseguir gravacións con aspecto profesional, permitindo axustar a velocidade de fotogramas, a velocidade de obturación, a apertura, a sensibilidade... dun xeito moi cómodo, incluÃndo na súa interface elementos de grande utilidade como pode ser o estado da gravación, o histograma, monitor de audio ou a asistencia ao enfoque, o que achega un grande control das gravacións, e incluso pode resultar rechamante o feito de que grave en 16:9 en vertical e horizontal, coa opción de gravar vÃdeo horizontal mantendo o móbil en vertical (para ter unha mellor ergonomÃa).
Esta aplicación ofrécese de balde en boa medida porque é compatible con Blackmagic Cloud, de xeito que resulta de grande utilidade para cargar os vÃdeos na nube e que logo poidan editarse mediante DaVinci Resolve dende calquera lugar do mundo (tirando proveito tamén das funcións de edición colaborativa, permitindo incluso chatear con outros usuarios a través da propia aplicación).
Esta atractiva aplicación capaz de gravar vÃdeo en H.264 e H.265, aÃnda que coa grande limitación de non estar dispoñible para todos os móbiles con Android, senón unicamente coa Samsung Galaxy e os Google Pixel.