Catoira presenta en FITUR a aplicación das Torres do Oeste
venres, 20 de xaneiro do 2017
O
salón FITUR de turismo
que se desenvolve estes dÃas en Madrid (até este domingo 22 de
xaneiro) está a acoller un bo número de propostas galegas para
viaxeiros, moitas delas pasadas polo filtro do tecnolóxico-dixital.
Por exemplo, hoxe mesmo, a presentación
da aplicación que permite coñecer en todo detalle as Torres do
Oeste, emprazadas en Catoira. O encargado de dar a coñecer esta
ferramenta para móbiles con Android e iOS é o alcalde do concello
pontevedrés, Alberto GarcÃa. Previamente, salientou o potencial da
ferramenta para amosarnos sen atrancos e de maneira fluÃda e amena o
pasado (dende a Idade de Ferro) e máis o presente das torres.
Amais
dos percorridos históricos polo acontecido no emprazamento defensivo
á beira do Ulla, preto xa do seu esteiro, a aplicación achega un
apartado especial para a RomarÃa Viquinga, unha senlleira
festividade que, como lembraremos, foi declarada Festa de Interese
TurÃstico Nacional en 1988 e de Interese TurÃstico Internacional en
2002. A ferramenta fornecerase para ser lida ou escoitada en galego,
castelán e inglés. Amais do devandito, achega recomendacións para
visitarmos outros lugares de interese da contorna das Torres do
Oeste, complementando a folla de ruta para viaxeiros co información
sobre onde comer e durmir e números de teléfono de utilidade.