Chega a España o ZTE Blade G Lux a un prezo de 99 euros

luns, 1 de setembro do 2014 Marcus Fernández

Un dos últimos móbiles chineses de baixo custo chega estes días a España, falamos do ZTE Blade G Lux, que xa podemos mercar en Media Markt por 99 euros e que nos vindeiros días tamén comezará a distribuírse a través de The Phone House, de xeito que podería converterse nun terminal popular dado o seu prezo axustado, aínda que cunhas prestacións tamén bastante limitadas.
Estamos ante un smartphone con pantalla de 4,5 polgadas cunha resolución de 854 x 480 píxeles, procesador de dobre núcleo a 1,3 GHz, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 32 Gb), Android 4.4, cámara traseira de 8 Mpíxeles con flash LED, cámara frontal de 2 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, batería de 1.850 mAh, un grosor de só 9,15 milímetros e un peso de 134 gramos, prestacións que poderían resultar moi atractivas para o seu prezo, aínda que conta cunha importante eiva, a súa limitación de memoria, xa que só inclúe 512 Mb de RAM, polo que resultaralle complicado competir con terminais máis coñecidos como o Moto E (ao que gañan en moitos aspectos).

PUBLICIDADE