Chega a España o portátil HP Spectre

luns, 27 de xuño do 2016 Marcus Fernández

Tras varios meses de espera por fin chega a España a nova gama Premium de ordenadores portátiles de HP baixo o eslogan de Reinvent Obsession, cos que buscan gañarse a un público que nos últimos anos apostaba por equipos de fabricantes como Apple, e que agora teñen opcións máis elegantes, completas e versátiles nun fabricante máis tradicional.
Temos así que o desexado HP Spectre, presentado en abril como o portátil máis delgado do mundo, que con só 10,4 milímetros de potencia conta con potentes procesadores Intel Core i5 e i7, cun deseño de auténtico luxo (con materiais artesanais e acabados moi coidados) parten dun prezo de 1.499 euros, para o modelo con procesador Core i5, 8 GB de RAM e 256 GB de SSD, que poríalle as cousas moi complicadas ao MacBook Pro (que en tal configuración custaría 1.649 euros, sendo a máis gordo e pesado).
Por outra banda, HP tamén atrae agora ao mercado español o novo convertible HP Spectre x360, que vén na liña do anterior equipo, pero con pantalla táctil abatible até 360 graos, de xeito que podería comportarse parcialmente como tableta, o que incrementaría o seu prezo base até os 1.599 euros.
Completando as novidades de HP temos tamén o novo equipos de sobremesa All In One HP Envy Curvo 34, que é unha proposta bastante rechamante, xa que trátase dun ordenador integrado nunha pantalla curva de 34 polgadas, que pode mercarse por 2.999 euros. Unha proposta bastante arriscada, pero que gustará aos que precisen dun potente equipo que achegue unha sensación envolvente ao escritorio informático, resultando así moi atractivo tanto para o consumo audiovisual como para traballos creativos (xa que estamos ante unha pantalla cunha relación de aspecto 21:9, ou sexa, ultrapanorámica, o que permite un grande aproveitamento do escritorio sen ter que optar por incómodas configuracións multi-monitor).

O novo todo-en-un de HP aposta por unha pantalla curva de 34 polgadas

Vídeo promocional do HP Spectre

PUBLICIDADE