Chega ao mercado o primeiro smartphone español con Windows 10

luns, 1 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

O fabricante español Funker está a sorprender cun smartphone con Windows 10, o W5.5 Pro, que non só é potente, delgado (6,9 milímetros) e lixeiro (134 gramos), senón que incluso é resistente á auga (e resistente en xeral grazas ao seu corpo de resina ultrarresistente, o seu chasis de aluminio e a súa pantalla Gorilla Glass 3) e ofrécese por só 239,90 euros con garantía de reembolso durante os primeiros 15 días.
O Funker W5.5 Pro funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 410 (MSM 8916) de 4 núcleos a 1,2 GHz e 64 bits, 2 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 128 GB), pantalla IPS de 5,5 polgadas e alta definición fabricada por Japan Display, cámaras de 13 e 5 Mpíxeles, 4G, Bluetooth 4.0, Wi-Fi N e batería de 2.600 mAh.

PUBLICIDADE