Código Cero chega ao número 100 coincidindo co seu 10º aniversario

luns, 2 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Coma todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención ao 10º aniversario da nosa publicación na súa versión en papel, o que aproveitamos para facer un oco a distintas figuras do sector a xeito de sinaturas convidadas entre as que figuran Mar Pereira, Mauro Fernández, Javier García Tobío, Ignacio Otero, Rafael Valcarce, David Serantes, Víctor López, Javier Rocamora, Fernando Suárez e outros.
Outros temas que destacamos neste número son os seguintes:
- Dez anos de Código Cero
- Entrevista a Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios
- Banda larga, TDT e aulas dixitais
- eDepo: a Administración nun click
- Retegal: obxectivos do operador público galego
- Entrevista a Miguel Churruca, director de Marketing de Blusens
- A rede CeMIT triplica a súa oferta de actividades TIC para 2012
- Entrevista a Alfredo Ferreiro, director territorial de Contas Globais de HP
- VIII edición dos premios EGANET
- Breve repaso do sector galego dos videoxogos

PUBLICIDADE