Colle corpo a segunda edición do Congreso de Software Libre para a Educación, da man de Igaciencia

luns, 13 de maio do 2013 Fernando Sarasketa

A programación aberta achega múltiples vantaxes e beneficios para o ensino, tanto é así que xa hai unha chea de especialistas en educación que sosteñen que o software libre é en si mesmo educación. Entre as principais razóns deste argumento figuran a súa natureza aberta (non ten segredos e os recursos soen estar a disposición de todas e todos para o seu uso), o seu custe xeralmente máis baixo e o espírito de colaboración e cooperación que adoita a fomentar. Tomando isto como base, vénse de convocar na nosa terra a segunda edición do Congreso de Software Libre para a Educación. A iniciativa vén da man dunha das entidades que máis a está a traballar polo achegamento da ciencia e a tecnoloxía, na nosa lingua, ás escolas: a plataforma Igaciencia.
Os obxectivos do congreso son promover o intercambio de coñecemento entre investigadores e profesores de educación na área de software libre e achegar a posibilidade de encontro entre todos os docentes galegos interesados no ensino da área científica-matemática-tecnolóxica, e mesmo das demais áreas do ensino, desde o punto de vista a programación aberta. Tamén se trata de albiscar as posibilidades de uso do software libre nas empresas e na Formación Profesional.
Igualmente, sinala Igaciencia, a actividade está orientada a facilitar a actualización do profesorado galego, difundir os novos vieiros de código aberto, impulsar o desenvolvemento da investigación en educación e en software libre, dar a ocasión de coñecer innovacións educativas e difundir distintas liñas para a aprendizaxe e ensinanza das distintas materias de ensino. O evento desenvolverase en xullo de 2013, durante os días 1 e 2, en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. O emprazamento elixido é o CAFI, o Centro Autonómico de Formación e Innovación en Santiago. As prazas dispoñíbeis son 125, e os destinatarios son profesoras e profesores de Primaria, de Secundaria e de Universidade.
A continuación, damos conta da relación provisional de relatorios:
· Obradoiro Exelearning, Moodle. Pilar Anta do IES de Sabón
· Obradoiro de Maxima. Mario Rodriguez Riotorto
· Teleformación con Innovación Educativa e Software Libre. Roberto Brenlla (Tegnix)
· BioStatFLOSS: Unha ferramenta para a educación en BioEstatística. Miguel Ángel Rodríguez Muíños (Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia)
· App Inventor. Os primeiros pasos en Android. Manuel Díaz Regueiro e Inés Ben
· Obradoiro de Youtube Susana Vázquez e Xacobo del Toro (educaBarrié)
· Estatística con Scilab. Consuelo Castro (IES de Trasancos)
· Obradoiro de Geogebra e Arte.. Manuel Díaz Regueiro e Inés Ben.
· Mesa Redonda sobre EPUB 3, as súas posibilidades, o futuro dos libros escolares dixitais, e a interactividade con HTML5. Como integrar unha calculadora -e máis- nun libro dixital. Membros da mesa: Francisco Botana (UVigo), Manuel Díaz (Igaciencia),...
· Abalar: sistemas informáticos da Amtega. Relator: Pablo Nimo Liboreiro.
· Abalar: caso de éxito de centro educativo.
· Centro educativo: CEIP Ramallosa (Teo, A Coruña). Relatores: Francisco Nanín Castro e Benxamín Salgado Gómez.
· Oficina de coordinación de Software Libre. Relator: persoal da AMTEGA.
· Rede CeMIT. Relator: persoal da AMTEGA.
· Localización de Software Libre ao galego. Trasno
· Experiencia do CESGA no uso do SW. Libre aplicado en ferramentas colaborativas e e-learning. Aprendizaxe das linguas e da Xeografía- Historia.
María José Rodriguez Malmierca (Responsábel do Departamento de e-learning e ferramentas colaborativas do CESGA).
· Enquisa sobre o uso das aplicacións científicas nos entornos académicos do CESGA. Andrés Gómez (CESGA).
· Estatística Educativa para a avaliación dos alumnos con R, Salvador Naya (UDC)
· Control de Calidade usando a Metodoloxía Seis Sigma con R, Salvador Naya (UDC)
· Realidade virtual e realidade aumentada no CDTIC de Santiago
· Impresoras 3D
· Biblioteca dixital do centro
· Tradución de contidos de exelearning
As comunicacións serían as seguintes:
· Utilización de sistemas operativos basados en Linux en educación Florentino Blas Fernández Cueto CIFP-Ferrolterra.
· Learning gamification con Moodle Eduardo Antonio Soto Rodríguez Colexio Apóstol Santiago de Vigo.
· Ferramentas livres para aprender vocabulário de línguas estrangeiras Joseph Ghanime López Escola oficial de idiomas de Lugo.
· Novo enfoque no uso das TICs no ensino: Portabilidade, software na nube e traballo distribuído Alberto Rivera Caboalles CIFP A Xunqueira de Pontevedra.

PUBLICIDADE