Comeza a conta atrás para o inicio do 2º Foro da Industria Galega do Audiovisual: FIGA
martes, 29 de outubro do 2024
A Cidade das TIC da Coruña acollerá, entre o 7 e o 9 de novembro, o segundo Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA), un punto de encontro para o sector que poñerá o foco na intersección entre a diversidade lingüÃstica e o medio audiovisual. Organizado pola Academia Galega do Audiovisual, o foro reunirá a máis de 30 voces expertas na materia, dende profesionais do guión, realización ou programación, ata da tradución e o subtitulado, xornalistas e docentes. O programa ao completo pódese consultar na web da Academia.
Intervirán, entre outros, Marta Cruañas, produtora en Canadá, a empresa de produción coñecida polos videoclips de artistas como RosalÃa, Dua Lipa ou Aitana. Tamén participarán Dalibor Matanic, director e guionista croata, premiado no festival de Cannes polo seu filme Baixo o sol e director da serie revelación de Netflix O último artefacto socialista; os creadores das series Altsasu e O sabor das margaridas; ou a produtora Beli MartÃnez, que ven de ser galardoada na última edición da SEMINCI.
FIGA, que este ano se desenvolve baixo o tÃtulo Lingua e audiovisual, estruturarase en tres xornadas temáticas que irán debullando as chaves para entender a situación actual e os retos de futuro que permitan que a diversidade lingüÃstica siga a estar representada no eido audiovisual.
Os relatorios do xoves, 7 de novembro encádranse baixo o tÃtulo Na procura da nova televisión: públicos mozos, accesibilidade e referentes renovados e, neles abordarase o desafÃo de conectar cunha nova xeración de espectadores e espectadoras creando referentes visuais frescos e próximos.
AquÃ, especialistas en programación, como Judith de Argila, responsábel do Departamento de contidos dixitais e transmedia e creación de comunidades de 3Cat; Daniel Hernández, director de Estratexia de 3Cat; Fernando Ojea, director de Contidos da CRTVG.gal e secretario xeral de CIRCOM-Regional.eu; José Luis Blanco, Ddrector de Programación de EiTB-Euskal Telebista/Primeran e Andrea Villa, programadora do Carballo Interplay compartirán as súas experiencias e propostas xunto con Adrián Canoura, realizador de videoclips, cine experimental e formatos contemporáneos e Marta Cruañas, produtora no estudio Canadá.
Tamén participarán Pablo Romero, profesor de tradución e lingüÃstica na Universidade de Vigo; Charo Pena, actriz, directora de dobraxe e adaptadora de textos audiovisuais; MarÃa Suárez, tradutora audiovisual e Samuel Solleiro, tradutor audiovisual e literario, músico e escritor.
A temática do venres, 8 de novembro será Unha esfera cultural propia: producir en linguas minorizadas ou minoritarias na que se abordarán os desafÃos que deben abordar as producións en linguas non hexemónicas, como poden ser o croata, o éuscaro ou o galego, desde a óptica dos creadores, como Dalibor Matanic, guionista e director da serie O derradeiro artefacto socialista; Asier Urbieta, director da serie Altsasu; Ghaleb Jaber MartÃnez, creador da serie Motel Valkirias; e Beli MartÃnez, docente e produtora en Filmika Galaika.
Contarase tamén co punto de vista da academia, coas intervencións de Fernando Redondo, investigador no Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela e Ana Viñuela, profesora de cine e audiovisuais na Universidade Sorbonne Nouvelle – Paris III.
O sábado, 9 de novembro, FIGA concluirá cunha xornada centrada en Cara un circuÃto estable e unha normalización na lingua do audiovisual. Intervirán produtores como Alfonso Blanco, director de Portocabo; distribuidores como Milo Baños, xerente da distribuidora Baños Films e Sonia Abbas, xefa de distribución nacional en Begin Again Films; guionistas como Araceli Gonda e Pepe Coira; a intérprete Lidia Veiga; a cineasta Paula Cons; Rosa Moledo, asesora lingüÃstica das series Fariña ou El caso Asunta; e Jessica Izquierdo, coordinadora do Observatori de Continguts i Plataformes medià tiques da Universitat Jaume I., guionista.
A dirección de contidos de FIGA corre a cargo de MarÃa Soliña Barreiro, profesora titular no departamento de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e membro do grupo de investigación GEA (Grupo de Estudos Audiovisuais).