Comités Abertos convídanos este mércores a mollarnos pola lingua no Twitter
mércores, 17 de decembro do 2014
Protexer a lingua galego
botando man das ferramentas máis usadas polos treitos de idade onde
menos se emprega a lingua e, polo tanto, máis cómpre promovela e
visualizala. Este é o gran obxectivo da campaña #EuEnGalego, ou
sexa “facer galego” nas redes sociais. A iniciativa de Comités
Abertos baséase no seguinte dato: segundo as estatísticas do IGE
(Instituto galego de estatística), a a situación na que se atopa a
nosa lingua é “moi desfavorable”. De feito, sinalan os
responsables da campaña, “a cantidade de galegofalantes en todo o
territorio galego, así como nas aulas da Galiza é tan pequena, que
está a marcar mínimos da súa historia”.
A iniciativa ponse en
marcha este mércores 17 de decembro, desenvolvéndose das 22 ás 23
horas. A idea é que se acade o meirande número de xente chiando coa
etiqueta #EuEnGalego. En relación aos temas, pódese amosar a
utilidade do galego, a situación da lingua actual, criticas as
“políticas lingüicidas que nos asoballan, etc”. Hai cumprida
información sobre a mobilización tuiteira no propio Twitter
e na web de
Comités Abertos, na sección específica Alerta Galega.
