Compostela acollerá un cumio sobre o desenvolvemento con tecnoloxías de Google

xoves, 11 de setembro do 2014 Marcus Fernández

As tecnoloxías que se desenvolven ao redor dos servizos e produtos de Google son cada vez máis importantes, e entre os profesionais que se dedican á materia existen moitas sinerxías, o que resulta visible grazas á creación de numerosos Grupos de Desenvolvedores de Google (GDG) por toda a xeografía española (dos que temos 3 en Galicia) e, o venres 19 de setembro aínda vai destacar máis este movemento en Galicia, xa que o salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela vai acoller un cumio español de GDG coa presenza de numerosas figuras deste ámbito que compartirán coñecemento a través de interesantes relatorios.

O Spanish GDG Summit, que nesta edición compostelá sumou forzas cos eventos Betabeers (que tamén buscan compartir coñecemento e experiencias), conformando un completo programa:

17.00 - 17.30: Google Cloud Platform con Nacho Coloma (Cloud GDE)
17.30 - 18.00: UX and UI for GDGs con Jorge Galindo Cruces
18.00 - 18.30: Makers & GDGs con Mariona Aloy Ciller
18.45 - 19.15: BigQuery con Javier Ramirez (Cloud GDE)
19.15 - 19.45: Compute Engine for HTML5 Dev Platform con Raúl Otaolea
19.45 - 20.15: Betabeers con Pablo Rodriguez e Alex Andreu
20.14 - 20.45: Bitnami - Beltrán Rueda

Xúntanse así en Compostela varios Google Developer Experts e personalidades do ámbito tecnolóxico a nivel estatal, polo que é unha excelente oportunidade para formarse sobre tecnoloxías de Google e facer networking con profesionais do sector.

PUBLICIDADE