Compostela acollerá unhas xornadas sobre marketing político en liña

mércores, 24 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Durante os días 14 e 15 de setembro terán lugar no Mosteiro San Martín Pinario de Santiago de Compostela as xornadas de marketing político Política2.cero, que contarán coa participación de especialistas en marketing en liña, así como consultores e estrategas da comunicación política en España e Hispanoamérica, que abordarán temas como a planificación de campañas políticas na Internet ou cómo manter o diálogo real entre os dirixentes políticos e o cidadán, aumentando a participación e mellorando a reputación.
Entre os participantes confirmados atópanse Javier Piedrahita (MarketingDirecto.com), Antoni Gutiérrez Rubí (consultor político e fundador de Ideograma), Carlos Gutiérrez (PoliticaRedes), Esther Checa (T2Omedia), Pablo Iglesias (Krasis), Paz Pérez Pernas (ex directora de Google España e Portugal e Directora de CreativaTotal) e Javier Recuenco (Abypersonalize) entre outros. Tamén haberá participación de protagonistas da vida política como José Antonio Rodríguez Salas (alcalde de Jun) e Cristina Cifuentes (vicepresidenta primeira de la Asamblea de Madrid).
Completarán as xornadas Política2.cero conexións mediante videoconferencia con asesores políticos en Hispanoamérica que explicarán as chaves da estratexia en liña na súa rexión.
O programa do evento queda como segue:

14 de setembro de 2011
9:00 - 9:30 - Recepción, acreditación e entrega de documentación
9:30 - 10:00 - Inauguración
10:00 - 11:30 - Novo paradigma: Goberno 2.0. Comunicación vs. Propaganda
11:30 - 12:00 - Pausa café
12:00 - 13:30 - Xestión da reputación en liña para xerar confianza no Social Media: ¿Como, cales, a quen?
13:30 - 16:00 – Xantar networking
16:00 - 19:00 Experiencia 2.0
15 de septiembre de 2011
9:00 - 10:00 - Web 2.0 para as Campañas Políticas
10:00 - 11:30 - Estratexias de engagement para involucrar ao cidadán
11:30 - 12:00 - Pausa café
12:00 - 14:00 - Mesa redonda: Marketing tradicional - Marketing en liña
16:00 - 19:00 - Videoconferencia de Marketing Político dende Hispanoamérica

PUBLICIDADE