Craig Wright recoñece ser o creador de Bitcoin

luns, 2 de maio do 2016 Marcus Fernández

Durante os últimos anos hai un grande enigma ao redor da criptomoeda Bitcoin: Quen é o seu creador? Cal é a identidade real de Satoshi Nakamoto? Aínda que hai un par de anos a revista Newsweek aseguraba que a súa identidade correspondía a un home xaponés-americano de 64 anos que vivía en California (información desmentida rapidamente polo propio Satoshi) e o ano pasado a revista Wired revelaba unha serie de evidencias que apuntaban a que Nakomoto era o emprendedor australiano Craig Steven Wright, a quen se consideraba “un ninguén” no mundo de Bitcoin, pero que agora recoñece o seu rol de xeito público.
Craig Wright puxo fin a anos de especulacións ante a BBC, The Economist e GQ, ante os que probou ser Satoshi Nakamoto, por exemplo, asinando mensaxes coas claves empregadas nas primeiras transaccións con bitcoins. Deste xeito Wright recoñece querer deixar atrás toda a polémica sobre a identidade do creador de Bitcoin, que levou a que tanto xornalistas como investigadores públicos escrutasen a vida de Wright e dos seus coñecidos, aos que quere evitar os prexuízos de tal persecución.
Deste xeito, Wright insiste en que non sae á luz polo seu gusto, xa que veuse obrigado, engadindo: “Quero traballar, seguir facendo o que fago. Non quero cartos. Non quero fama. Non quero adoración. So quero que me deixen so”.

Vídeo no que Craig Wright recoñece ser o creador de Bitcoin ante a BBC

PUBLICIDADE