Crambo chega hoxe á nosa terra para presentar tecnoloxías avanzadas de audiovisual

mércores, 4 de maio do 2016 Redacción

O Grupo Crambo está estes días na nosa terra amosando a punta de lanza das tecnoloxías audiovisuais. Trátase da estadía galega (en Vigo e A Coruña) dunha xira que levará a Crambo Visuais por boa parte do arco norte da xeografía estatal, “expoñendo o último en vídeo e audio”. Segundo avanza a empresa, o Crambo Road Trip pon en xogo unha unidade móbil e máis unha serie de acompañantes de primeira liña no sector: as empresas Panasonic, Datavideo, Atlona e RCF. A cita en Vigo é este mércores 4 no Hotel Coia, e a da Coruña este xoves no Centro de Iniciativas Empresariais (MANS).
A xira inclúe, para abrir fogo, unha presentación das solucións de Datavideo integradas nunha unidade móbil. Igualmente, debullarase o funcionamento de diversos equipos de Panasonic en 4K, camcorders, cámaras PTZ, así como equipos en Hight Definition (HD).
Crambo presenta tamén nesta xira as solucións de Atlona como a plataforma gratuíta AMS destinadas ao control, a xestión e o seguimento en remoto dos equipos, así como a nova gama de produtos UHD composta por extensores de sinal, matrices e selectores escaladores. En canto á gama de audio, Televic e RCF darán a coñecer os seus últimos produtos: a primeira firma presentará os seus sistemas de conferencia Confidea Wireless (sen fíos) e D-cerno mentres que RCF fará o mesmo cos seus monitores de estudo Ayra e Mytho.

PUBLICIDADE