CrÃticas unánimes a unhas declaracións do presidente de Telefónica contra a neutralidade de rede
luns 8 de febreiro do 2010, por |
Enviar por e-mail |
| Compartir
O pasado venres
no Hotel Ercilla de Bilbao tivo lugar unha conferencia organizada pola
asociación de alumnos de La Comercial de Deusto na que César Alierta,
presidente de Telefónica, fixo unha polémica intervención que publicaron
en vÃdeo na páxina web da televisión pública éuscara, o que deu lugar a
toda unha sucesión de comentarios crÃticos.
Por unha banda, facendo unha interpretación moderada
das declaracións de Alierta, podemos
entender que Telefónica quere cambiar as regras do xogo das telecomunicacións,
botando por terra a neutralidade de rede, e buscando asà que os buscadores
de Internet paguen unha parte dos seus beneficios ás operadoras de
telecomunicacións, o que xa de por si serÃa unha postura moi perigosa e que
conta cun amplo rexeitamento público, pero sumado as maneiras do responsable de Telefónica e a súa evidente
ignorancia sobre o tema do que está a falar, creouse unha indignación
xeneralizada en blogs
e publicacións especializadas.
Entre os crÃticos podemos contar por exemplo a Enrique Dans, quen define
as declaracións de Alierta coma «unha irresponsabilidade», despois de
asegurar que «Alierta segue sen coñecer o
negocio das telecomunicacións»; Antonio
Ortiz, de Error500, critica en cambio o fondo da cuestión, asegurando que
as manifestacións do presidente de Telefónica poderÃan resumirse en «non somos capaces de engadir valor, asà que
ameazamos con subtraer o que vimos achegando se non levamos máis do negocio que
fan outros», ou sexa, unha mala reacción aos fracasos continuados de
plataformas coma Terra, Pixbox ou Keteke (que pese a contar con fortes
investimentos, non conseguiron ser relevantes na Internet); aÃnda que tampouco
haberÃa que esquecer que Telefónica
non ten ningunha capacidade de presión ante buscadores coma Google, pois a
única medida que poderÃa tomar serÃa a de cortar o acceso ás páxinas do
buscador por parte dos seus clientes, o que serÃa coma dispararse nun pé,
levando aos usuarios a mudar de operador e ter que facer fronte logo a
denuncias tanto de Google coma dos usuarios.
Atendendo ao discurso
de Alierta queda bastante claro o seu descoñecemento do tema a tratar, pois
asegura que «o que é evidente é que os
buscadores de Internet utilizan a nosa rede sen pagar nada, o que é unha sorte
para eles e unha desgraza para nós. Pero tamén é evidente que isto non pode
seguir. As redes as poñemos nós; os sistemas os facemos nós; o servizo
postventa o facemos nós; facémolo todo. Isto vai cambiar, estou convencido».
Pero a polémica non cesou coas declaracións sobre a neutralidade de rede e os
buscadores de Internet, senón que acto seguido, ao presidente de Telefónica non
se lle ocorreu outra cousa que asegurar que este mesmo ano van lanzar un «sistema aberto» para aplicacións
móbiles en contraposición ao «sistema
pechado» de Apple, que permitirÃa a descarga en calquera terminal de
calquera marca, o que pese a ser tecnicamente inviable (os móbiles teñen
caracterÃsticas e sistemas operativos distintos) e atentar á libre competencia
(impor unha plataforma única de software serÃa impulsar un monopolio), Alierta
considerou que era inevitable por analoxÃa ás SMS (que funcionan en todos os
móbiles). Os seareiros de Apple tamén
viron nesa declaración a confirmación de que Telefónica perderÃa a
exclusividade do iPhone en España en breve, pois criticar á App Store e
anunciar que Ãan a competir coa mesma non parece o máis atinado para unha
compañÃa que quere manter boas relacións con Apple.
Igual de desatinados foron os comentarios sobre cloud computing cos que pecha o vÃdeo publicado na web, pois
confunde os servizos coas infraestruturas de comunicacións, ao que engade
frases coma «non sei por qué se chama
cloud computing, pero iso é» e «a
intelixencia está na Rede, e as redes son nosas». Tras afirmacións dese tipo,
e a imposibilidade de pronunciar un parágrafo completo de xeito coherente, non
sorprende que moitos chegasen a criticar que o directivo de Telefónica estaba
bébedo ou alterado durante a súa intervención.
É evidente que existe un conflito entre compañÃas de telecomunicacións e
grandes empresas de prestación de servizos na Rede, pero de cara a futuros
debates sobre o tema, queda claro que Alierta non serÃa un interlocutor válido,
e incluso os lexisladores deberÃan pensar en por cancelas as empresas de
telecomunicacións, para que non impoñan os seus criterios nunhas
infraestruturas que actualmente son fundamentais para o desenvolvemento da nosa
sociedade.
VÃdeo coas polémicas declaracións de César Alierta










