PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Denuncian que Google incluíu a España nunha listaxe de países que censuran a Internet

xoves 11 de marzo do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

JPEG - 146.7 KB
Nicole Wong con representantes de Yahoo, Human Rights Watch e Cisco no Senado de EE.UU.

O diario El País publicou hoxe que Google incluíu a España na listaxe de países censores de Internet, ou iso entendeu a cabeceira de prensa por unha vista oral na Cámara de Representantes de EE.UU. sobre democracia, seguridade e liberdade de expresión na Rede, onde analizaban as técnicas dos distintos Gobernos no control de páxinas web, onde mencionouse o caso do bloqueo por mandado xudicial en 2007 de 2 blogs que pedían o boicoteo a produtos cataláns.
Ante esta polémica, dende Google remitiron unha carta ao Ministerio de Industria destacando que teñen «moi claro que en España non se exerce a censura na Internet», engadindo que «non existe ningún feito na actualidade que faga considerar a España coma un país no que están limitadas as actividades desenvolvidas na Internet». Segundo parece, a avogada de Google, Nicole Wong, só mencionou a España coa un país no que bloqueouse algunha bitácora hospedada en Blogger, pero tal declaración non estaba acompañada por unha acusación de censura.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS