Deteñen ao administrador de Rojadirecta

xoves, 27 de outubro do 2016 Marcus Fernández

As páxinas de La Voz de Galicia sorpréndennos dando conta de que por orde do Xulgado de Instrución nº 1 da Coruña detiveron a Igor Seoane, administrador da coñecida páxina web Rojadirecta, precisamente no xulgado do Mercantil onde estaba a celebrarse unha das causas na súa contra. Ao parecer a detención realizouse no marco dunha investigación iniciada en 2015 e declarada secreta, polo que non coñecemos os detalles que levaron a tal proceder.
Seoane permanecerá en dependencias xudiciais e non pasará a disposición do tribunal até mañá. O arresto teríase realizado no corredor do xulgado durante un receso do xuízo orixinado por unha demanda de DTS (antes Canal+) contra Puerto 80 (sociedade detrás de Rojadirecta) por un suposto delito contra a propiedade intelectual.
ACTUALIZACIÓN (28/10-2016): Dende La Voz de Galicia informan de que Igor Seoane púxose onte mesmo el liberdade tras tomarlle declaración ante o Xulgado de Instrución nº 1 da Coruña, sen transcender o motivo da detención, que non sería polo que está a ser xulgado, senón que partiría dunha investigación iniciada o ano pasado e declarada secreta.

PUBLICIDADE