DiRT SHOWDOWN pode conseguirse de balde na Humble Store

xoves, 12 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

A tenda dixital de xogos para ordenador da iniciativa Humble Bundle, a Humble Store, está a celebrar as súas rebaixas se inverno, na que ofrecen importantes descontos en xogos como Rise of the Tomb Raider, DOOM, Deus Ex: Mankind Divided, The Witcher 3, Homefront: The Revolution, Dishonored 2 ou incluso o último Call of Duty, e para animar aos potenciais compradores a que as coñezan están a ofrecer por tempo limitado o xogo DiRT SHOWDOWN totalmente de balde.
Este xogo de condución véndese normalmente a un prezo de 14,99 euros e tras canxearse en Steam pode instalarse en sistemas con Windows, OS X e Linux. DiRT SHOWDOWN permítenos competir, chocar e desfasar nun tour mundial de caos motorizado que convídanos a conseguir a vitoria a base de acrobacias, velocidade e golpes. Este xogo de Codemasters leva dando guerra dende 2012, destacando por contar con modos de xogo en liña e estar completamente localizado ao español.

PUBLICIDADE