Disney+ tamén sube de prezo en España

venres, 18 de outubro do 2024 Marcus Fernández

Se non chegaba que Netflix subise hoxe os seus prezos en España, a plataforma Disney+ vén de facer o mesmo, cun novo cadro de prezos que se aplica dende hoxe a nova subscricións e para os subscritores actuais entrará en vigor o 21 de novembro, cambios que chegan nun momento moi sensible, xa que anunciaron que o vindeiro 12 de novembro iniciarán as súas medidas destinadas a compartir contas con usuarios de fóra do fogar principal (tendo que pagar un suplemento de querer ter usuarios noutras localizacións).
Aínda que o plan estándar con anuncios mantén o seu prezo en 5,99 euros/mes, o plan estándar pasa de 8,99 a 9,99 euros/mes ou de 89,90 a 99,90 euros/ano e o plan premium pasa de 11,99 a 13,99 euros/mes ou de 119,90 a 139,90 euros/ano, o que sería unha suba de prezos moi semellante á de Netflix (que, en contraste, incluso eleva o prezo do plan con publicidade).

Táboa coas novas tarifas de Disney+