DispoñÃbel un portal de anuncios bilingüe dirixido á compravenda entre españois e chineses
martes, 9 de xullo do 2013
China, queirámolo ou non
e con tódalas crÃticas que poidamos facer do seu sistema produtivo
(en boa medida expoñente do capitalismo feroz), é unha oportunidade
de negocio. Tanto para colaborar coas súas múltiples empresas e
institucións, como para recibir provisións tecnolóxicas como,
tamén, para facer mercado. Para poñernos as cousas doadas nas nosas
comunicacións co xigante asiático, vén de presentarse en España a
plataforma Venderachinos.es,
un portal en liña de anuncios bilingüe orientado á compravenda cos
chineses.
O servizo é un proxecto
de orixe italiana (paÃs no que conta con arredor de 10.000 usuarios
rexistrados) que ten o obxectivo de superar os atrancos lingüÃsticos
e culturais que dificultan as relacións comerciais con Occidente.
Entre outras cousas, achega un recurso de tradución profesional de
anuncios clasificados ao mandarÃn, facilitando a súa difusión.
Máis polo miúdo, adáptase á dita lingua cada inserción e
publÃcase en canles de comunicación chinesas editadas en España,
Europa e no propio paÃs asiático. A introdución dun anuncio no
dito servizo (por 37,50 euros) inclúe tradución profesional e
publicación multicanle por un perÃodo de 60 dÃas. O anuncio final
replÃcase no portal equivalente en mandarÃn, maimaiouzhou.com,
que significa compravenda
en Europa.