Dragon Quest Heroes chegará a PC a semana que vén

luns, 23 de novembro do 2015 Marcus Fernández

Hai pouco máis dun mes a PlayStation 4 recibiu o xogo Dragon Quest Heroes: El Infortunio del Árbol del Mundo y la Raíz del Mal, que supuxo o salto da franquía Dragon Quest ao RPG de acción ao máis puro estilo musou (hack-and-slash coas mecánicas propias dos Dynasty Warriors), pero os xogadores de consolas de Sony non serán os únicos que poidan gozar desta revisión da popular franquía de xogos de rol xaponeses, xa que o vindeiro 3 de decembro chegará a Steam, de xeito que os usuarios de PC tamén poderán adquirir este título.
A Slime Edition de Dragon Quest Heroes pode xa reservarse para PC a un prezo de 44,99 euros (o que supón un aforro do 10% como promoción de pre-lanzamento) e, aparte do xogo descargable, esta edición tamén inclúe 11 armas limosas adicionais e 2 mapas extra.
Este xogo con deseños de Akira Toriyama (ou autor de As Bolas Máxicas) consistirá basicamente en enfrontarse a grandes vagas de inimigos e derrotar a monstros xigantescos, de xeito que primará a acción á vez que se gozará de coidados gráficos en alta definición e dunha banda sonora creada por Koichi Sugiyama, compositor moi ligado a esta franquía.

Tráiler da versión para PlayStation 4 do xogo

PUBLICIDADE