Dropbox incrementa a capacidade dos seus plans de pagamento

xoves, 28 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Despois de que Google Drive reducise o prezo dos seus plans de almacenamento adicional o pasado mes de marzo e Microsoft comezase a ofrecer 1 Tb de espazo en OneDrive coas subscricións a Office 365 (que poden contratarse con prezos que partes de 69 euros/ano), resultaba evidente que os prezos do servizo de pagamento de Dropbox estaban a quedar atrás, polo que finalmente os renovan para permitir contratar 1 Tb de espazo por 9,99 euros/mes.
O novo Dropbox Pro non só conta con máis capacidade de almacenamento, senón que tamén permite un maior control á hora de compartir os contidos (engadindo contrasinais ás ligazóns compartiras, permitindo que as ligazóns caduquen ou permitindo que os cartafoles poidan compartirse en modo de só lectura) e engade proteccións para os nosos dispositivos (de xeito que podemos borrar os ficheiros de Dropbox dos equipos que extraviemos).

PUBLICIDADE