Eduardo Manchón será o convidado de luxo da vindeira edición de Iniciador Galicia

martes, 23 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Imaxe dunha intervención de <a href="http://www.flickr.com/photos/mcallan/3991573224/">Eduardo Manchón en Zaragoza</a>O vindeiro 4 de marzo ás 19:30 horas no Centro On de Caixa Galicia en Santiago de Compostela (sito na rúa Nova nº 33) terá lugar unha nova edición de Iniciador Galicia, xuntanza na que un grupo de profesionais e emprendedores do sector TIC comparten experiencias e pareceres con ánimo construtivo, que nesta ocasión conta coma convidado a Eduardo Manchón, un dos co-fundadores do proxecto Panoramio (única empresa adquirida por Google ata o momento) e actual promotor do proxecto Askaro.com, estando tamén involucrado en distintos proxectos en webs tan coñecidas coma laCaixa.es, Loquo.com, CocaCola.es, Infojobs.net, Idealista.com, Lineadirecta.es, Movistar.es e Casadellibro.es, polo que a súa experiencia garante unha intervención de auténtico luxo para todo aquel interesado en emprender na Rede. Manchón tamén conta cun blog persoal e publica en Alzado.org distintos artigos sobre usabilidade web.
Os interesados no evento poden confirmar a súa asistencia por correo electrónico ou a través de Facebook.

PUBLICIDADE