El Corte Inglés estrea un eReader con Wi-Fi e menús en galego

martes, 15 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Moitos están a ser as compañías que queren colocar os seus lectores de libros electrónicos no mercado antes de que o Kindle de Amazon chegue oficialmente a España, entre os que destaca agora El Corte Inglés co seu Inves WIBOOK 650T, que cunha pantalla de tinta electrónica de 6 polgadas cunha resolución de 600 x 800 píxeles con 16 niveis de gris, batería de 1.500 mAh (que permitiría a lectura de ata 8.000 páxinas cunha única carga), 2 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb) e Wi-Fi N, destaca por permitir a compra de libros electrónicos na libraría electrónica de El Corte Inglés directamente dende o trebello.
Este eReader mide 166,66 x 114 x 10 milímetros, pesa 190 gramos e destaca por contar con menús en español, inglés, francés, alemán, italiano, neerlandés, catalán, éuscaro e galego. O seu oficial é de 189 euros, podendo adquirirse con 10 euros de desconto de encargarse antes do seu lanzamento o vindeiro día 25.

PUBLICIDADE