empresas
A viguesa Galvintec loce novas solucións de ecommerce e eSports no MWC
Dende hoxe, e até o 29 de febreiro, Barcelona acolle a Mobile World Congress (MWC24), a feira mundial máis relevante no sector da comunicación móbil, o sector dixital e a conectividade. Alí estará Galvintec, a compañía TIC con sede en Vigo que forma parte do Grupo Alvariño, seleccionada por Red.es para estar presente no Pavillón de España do MWC 24. Galvintec (...)
Ler máisTelevés superou os 23 millóns de euros de investimento na súa evolución cara á Industria 4.0
Este mércores 28 de xullo celebrouse nas instalacións de Televés Corporación, en Santiago de Compostela, o acto público final de presentación de resultados e peche do proxecto Corp4Future. A cita contou coa presenza da directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, que tivo oportunidade de ver in situ a materialización tecnolóxica e (...)
Ler máisABANCA fortalecerá o proceso de medre da tecnolóxica galega TokApp
Entre as nosas empresas TIC de meirande potencial de medre atópase TokApp, responsábel da ferramenta global do mesmo nome para facilitar e mellorar a comunicación empresarial, e tamén de TokApp School, aplicación destinada a evitar calquera tipo de incidencia comunicativa no ámbito escolar. Así o entende (así entende este potencial de TokApp) a entidade (...)
Ler máisVitae adéstranos nas moitas posibilidades do software Docker e dos contedores
As tecnoloxías innovadoras de contedores teñen demostrado un importante potencial para as nosas empresas e administracións, contribuíndo á súa axilidade e a ser máis competitivas e innovadoras. Por outra banda, ten dado múltiples probas de eficacia á hora de “axudar” ás empresas que non estaban afianzadas plenamente no dixital a consolidarse integramente nas TIC. (...)
Ler máisPublicadas as directrices para aplicacións paralelas do proxecto europeo EPEEC, no que se integra Appentra
O proxecto europeo APEEC, co-impulsado pola tecnolóxica galega Appentra, con sede no CITIC da Coruña, vén de anunciar as novas Directrices de Programación para Aplicacións Paralelas, unha serie de recomendacións referenciais para os desenvolvedores de aplicacións avanzadas que busquen alto (...)
Ler máisA presidenta de Chile acode á posta en marcha da plataforma da Bolsa de Emprego desenvolvida por Altia
Onte celebrouse en Chile unha “botadura” tecnolóxica de primeiro nivel e que nos colle de preto. Máis en detalle, a posta en marcha oficial da nova plataforma tecnolóxica da Bolsa Nacional de Emprego de Chile, BNE, desenvolvida pola empresa galega Altia. O acto contou coa presenza da presidenta de Chile, Michelle Bachelet, o alcalde da municipalidade de La (...)
Ler máisSIVSA presenta Geenie, innovador asistente para o catálogo centralizado
A empresa galega SIVSA, responsábel do desenvolvemento e lanzamento de Fenix (software de xestión clínica na nube especialmente pensando e optimizado para médicos e clínicas), está a presentar este verán unha nova contribución tecnolóxica destinada a revolucionar, desta volta, o ámbito da compra centralizada. Estamos a falar do asistente Geenie. Este, máis polo (...)
Ler máisVitae Consultores móstranos o camiño para sermos mellores líderes
Vitae Consultores vai organizar en Vigo unha actividade formativa directamente encamiñada a optimizar o labor dos profesionais que dirixen equipos de profesionais. O Curso Auto Liderado Baseado en Neurociencia (PDF) introdúcenos nas metodoloxías que nos van permitir coñecernos a nós mesmos (autocoñecemento) para comprender os perfís profesionais diferentes ao (...)
Ler máisAmazon abrirá un centro loxístico no Porriño
Amazon anunciou hoxe que está a ultimar a apertura dunha nova estación loxística no concello do Porriño, onde traballará con dúas empresas de reparto independentes para proporcionar a entrega rápida e fiable que os clientes da compañía de Jeff Bezos valoran. Esta nova instalación terá 4.000 metros cadrados, creará máis de 30 postos de traballo e tamén suporá que (...)
Ler máisSila Games pecha a súa primeira rolda de investimento por valor de 225.000 euros
Sila Games, a startup de venda de videoxogos dixitais, fundada en 2013 polo galego Francisco Mosquera e Óscar Mas, conseguiu reunir o apoio do fondo de investimento público Xesgalicia e de entidades privadas entre as que se atopan Optare Ventures, UpInver, Briboms Inversiones e un grupo de investidores privados de Vigo e (...)
Ler máis