Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Entra en vigor o novo canon dixital

xoves 19 de xuño do 2008, por Marcus Fernández | Enviar por e-mail | Chuza! | Compartir

JPEG - 39.1 KB
Táboa comparativa entre as anteriores e as actuais tarifas do canon publicada en El País

Con varios meses de retraso finalmente o polémico canon dixital aparece no Boletín Oficial do Estado, de xeito que a partir deste venres está en vigor cun cambio de tarifas que nos casos nos que xa se aplicaba ata o momento non cambio (ou incluso reduce a súa contía) pero incorpora novos soportes gravados pola compensación por copia privada, o que supón un importante incremento das achegas polas entidades de xestión de dereitos de autor.
Agora os CD e DVD terán que soportar un gravame de 0,17 e 0,44 euros, mentres que as gravadores pagarán 0,60 e 3,40 euros segundo os soportes utilizados; as impresoras de tinta tamén pagarán 7,95 euros, as láser 10 euros, os scanners 9 euros e, como novos soportes gravados polo canon temos as memorias USB (0,30 euros), as unidades autónomas de almacenamento (12 euros), os reprodutores multimedia (3,15 euros) e os móbiles con reprodución multimedia (1,1 euros).
Estas novas tarifas son case iguais ás que aprobara no seu día o Goberno, destacando que se reduciu a cantidade gravada aos móbiles (que é unha das contías máis polémicas, xa que a meirande parte dos móbiles actuais reproducen MP3 pero non é un uso moi habitual, e practicamente se limita a tons de chamada que xa pagan dereitos de autor) e deixa exentos os discos duros integrados en receptores de TDT durante o primeiro ano de aplicación do novo canon dixital.
Os ingresos por este concepto contabilizaranse entre o 1 de xullo de 2008 e o 30 de xuño de 2009, e en tal período deberá estar entre os 110,2 e 117,8 millóns de euros (de non ser así o Ministerio de Cultura revisará as compensacións para que se axusten á marxe económica indicada).

Publicidade:



Caixa Galicia













Revista en PDF:
Descárgaa xa