España é o noveno país do mundo máis atacado por malware móbil

mércores, 7 de maio do 2014 Fernando Sarasketa

Segundo un estudo recente, España é o noveno país do mundo que máis tentativas acubilla e rexistra de ataques de programas maliciosos a móbiles. A taxa do monto total de operacións é do 1,58%, por baixo de países europeos como Inglaterra e Alemaña, que alcanzan un 2,79% e un 2,70%, respectivamente. De feito, estes países son os únicos da Unión Europea que forman parte da listaxe negra. Pola súa banda, Rusia ocupa o primeiro posto da listaxe, con case a metade da incidencias, seguida a moita distancia de India (cunha porcentaxe do 5,23%).
No estudo elaborado por Kaspersky Lab (Informe de Ciberameazas do Q1 de 2014) detállanse todo tipo de datos de ámbito internacional, como por exemplo que os ataques a dispositivos con Android acaparan practicamente a totalidade de todo o fluxo de malware móbil.
Doutra banda e volvendo ao ámbito estatal, o informe desvela que España atópase no posto 20 dos países máis perigosos para navegar por Internet desde un computador, cun 30,47% de usuarios únicos expostos a ataques web. Os únicos países da UE á parte de España que aparecen nesta listaxe son Grecia, Lituania e Croacia. Outros países incluídos nesta dubidosamente honrosa clasificación de países de risco para os usuarios de Internet son Rusia, Bielorrusia, Moldavia, Ucraína, Turquía, Xeorxia, Catar, Mongolia, Usbequistán ou Vietnam.

PUBLICIDADE