FIFA 17 sae á venda para consolas e PC
xoves, 29 de setembro do 2016
Ano tras ano os seareiros dos videoxogos de fútbol esperan a
chegada ás tendas da nova entrega de EA Sports, convertida en lÃder absoluto do
seu xénero, e hoxe é a data na que o xogo, FIFA 17, chega en versións para
PlayStation
4, PlayStation
3, Xbox
One, Xbox
360 e PC
(Origin), a un prezo recomendado de 69,99 euros para consola e 59,99 euros
para PC.
Grazas ao motor Frostbite FIFA 17
redefine o xeito de xogar, competir e vivir o xogo nas consolas de nova
xeración (e en PC), onde os xogadores presentan un grande nivel de profundidade
e emocións; ou sexa, que os xogadores de Xbox 360 e PlayStation 3 terÃan unha
versión menor do xogo, como vén a ser habitual nos cambios de xeración de
consola.
O xogo continúa a explotar as súa posibilidades en liña, permitindo competir
até a 22 xogadores, mentres que en local o número de xogadores está limitado a
4; tamén conta cun modo historia chamado O
Camiño, no que seguir a traxectoria de Alex Hunter, unha estrela
prometedora da Premier League; e o FIFA
17 Ultimate Team tamén continúa a ser un dos puntos fortes para moitos
xogadores.
- No novo modo historia poderemos cruzarnos con futbolistas e adestradores sobradamente coñecidos
Tráiler do xogo de fútbol de EA Sports