Facebook axuda a compartir fotografías en forma de vídeo

martes, 28 de xuño do 2016 Marcus Fernández

Dende hai bastantes meses Facebook está a experimentar coa creación de vídeos baseados en imaxes, como cando presenta resumos do noso último ano, e tamén a través da aplicación Moments, e esta semana libera esta funcionalidade para todos usuarios a través da aplicación ordinaria de Facebook para iOS e proximamente tamén para Android. Esta nova función chámase Slideshow e permite crear mini-películas coas nosas fotografías e vídeos decorados con distintas músicas e efectos que fan máis atractivo o contido visual.
A nova funcionalidade aparecerá na aplicación de Facebook cando subamos un mínimo de 5 imaxes ou vídeos en 24 horas, xa que precisa un mínimo de material para poder elaborar unha das súas novas creacións audiovisuais.
Neste momento os temas predefinidos para crear un Slideshow son Nostalgic, Playful, Night Out, Birthday, Epic, Thankful, Tropical, Bollywood e Amped, e con esta prestación Facebook responde a funcionalidades semellantes como as que ofrecen Google e Snapchat.

Vídeo de presentación dos Slideshows de Facebook

PUBLICIDADE