Facebook para iPhone comeza a permitir internacionalmente a retransmisión de vídeo en directo

xoves, 18 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

Durante os últimos meses Facebook realizou numerosos experimentos e probas con celebridades e usuarios norteamericanos da súa tecnoloxía de retransmisión de vídeo en directo dende o iPhone, e finalmente anuncian que a súa implantación ábrese a todo o mundo nun proceso que debería de rematar en dúas semanas, de xeito que en breve Facebook poderá competir de ti a ti co Periscope de Twitter. Neste momento xa se rexistraron a usuarios retransmitindo vídeo dende Reino Unido, Alemaña, Brasil e Sudáfrica.
O que polo momento non se coñece é cando chegará o Facebook Live Video a dispositivos con Android, de xeito que estamos ante unha funcionalidade que aínda tardará un chisco en facerse masiva, aínda que resulta evidente que farase notar nas vindeiras semanas entre celebridades e early adopters.

PUBLICIDADE