Facebook pechará este mes a súa aplicación móbil Paper

venres, 1 de xullo do 2016 Marcus Fernández

Hai un par de anos dende Facebook estaban desesperados ante a súa fraqueza no sector móbil, o que levoumos a lanzar nos EE.UU. e só para iPhone unha aplicación para facilitar a lectura de contidos (estando moi orientada á lectura no móbil e a un uso táctil) chamada Paper, nome que causou certo malestar por coincidir co dunha reputada aplicación para iOS (con máis de 100 millóns de usuarios) pero finalmente o experimento de Facebook non parece ter saído ben, e mentres Paper pasou desapercibida e nin sequera estreou versión para Android, as aplicacións como Facebook, Messenger e Instagram non pararon de medrar, de aí que non sorprenda que agora anuncien que Paper deixará de funcionar o vindeiro 29 de xullo.
Con esta aplicación demostraron as vantaxes de realizar este tipo de experimentos con gasosa, xa que esta ferramenta non conseguiu amasar usuarios, pero si desenvolveu interesantes xeitos de presentar a información, que en boa medida foron despois copiados dende os Artigos Instantáneos de Facebook. Podemos dicir así que Paper cumpriu o seu obxectivo como experimento e, de feito, serviu coma xermolo dunha das máis importantes apostas que está a realizar actualmente Facebook (retendo aos usuarios na súa plataforma móbil e reforzando o seu negocio publicitario).

PUBLICIDADE