Facebook proba a integración de artigos de prensa na súa aplicación móbil
venres, 15 de maio do 2015
AÃnda que normalmente vemos que plataformas como Facebook e
Twitter son importantes fontes de tráficos para medios de comunicación en liña,
resulta evidente que as plataformas sociais non gustan do feito de que os
usuarios os abandonen para consumir contidos externos, o que en casos como o
vÃdeo solucionan incrustando os vÃdeos nas súas páxinas web e aplicacións, pero
agora queren levar isto máis aló, e Facebook está a probar cun grupo reducido
de medios (The New York Times, National Geographic, BuzzFeed, NBC News e
Atlantic, aos que se sumarán en breve The Guardian, BBC News, Spiegel e Bild) a
súa tecnoloxÃa de Instant Articles,
que consiste en integrar os artigos editados polos medios adheridos dentro da
aplicación móbil de Facebook.
Estamos ante un experimento moi
interesante, no que os medios e Facebook teñen que medir as súas forzas, xa que
aos editores non lles interesa dar demasiado poder á plataforma de Mark Zuckerberg
(moitos medios xa teñen máis tráfico orixinado en Facebook que en Google), pero
tamén conseguen beneficios do programa de afiliación (os artigos instantáneos poden incluÃr historias patrocinadas).
Un dos detalles máis importantes deste formato no que os medios poden integrar
as súas informacións en Facebook é que os editores poderán empregar ferramentas
de edición propias e converter as historias de xeito automático a un formato
que funcione na aplicación de Facebook, que daralles unha aparencia moi
atractiva, a que permitirÃa efectos como o desprazamento horizontal de fotografÃas
e vÃdeos.
Os editores poderán conservar o 100% dos ingresos publicitarios adquiridos por
conta propia dos artigos instantáneos, podendo contar coa posibilidade de
ofrecer o seu inventario sen vender para a súa comercialización a través da
rede publicitaria de Facebook (caso no que recibirÃan o 70% dos ingresos).
Amais, a compañÃa de medición de audiencias ComScore tamén contabilizará os
contidos consumidos a través da aplicación de Facebook como se o usuarios
estivese na propia páxina web do medio orixinal, o que resulta de grande
interese para a comercialización publicitaria.
VÃdeo no que podemos ver os artigos instantáneos en funcionamento