Faise público o programa da segunda edición de Compostweets

xoves, 26 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Tras o éxito de asistencia da súa primeira edición, o Encontro Anual de Social Media en Galicia Compostweets trasladarase ao salón de actos do Centro de Novas Tecnoloxía de Galicia (CNTG) o vindeiro 25 de febreiro, local con aforo para 225 persoas que acollera un evento dirixido a profesionais e entusiastas das redes sociais que queiran xuntarse fisicamente para intercambiar comentarios, compartir coñecementos e, como din moitos habituais deste tipo de actos, facer networking e desvirtualizar.
Para cumprir estes obxectivos Compostweets 2012 contará coa presenza de figuras recoñecidas no contorno 2.0 coma o profesor José Luis Orihuela, a publicista Raquel Lemos, blogueiros como Javier Pedreira Wicho e David Serantes ou consultores de social media como Francesc Pumarola e Javier Rocamora, que repartirán as súas intervencións seguindo o programa que veñen de facer público dende a organización deste evento coordinado por Alfonso Freire:
- 9:30 - Apertura do Encontro, por Alfonso Freire, coordinador xeral do Compostweets
- 10:45 - Marcus Fernández, da revista Código Cero presenta a José Luis Orihuela: Las redes sociales
- 11:30 - Carlos Toural, redes sociales: vender e venderse en internet. Presenta á empresa Buydeal.es e a Raquel Lemos, Publiwoman
- 12:05 - Anna García, Community Manager en Turgalicia presenta á bloguera, Nela Bernal, responsable do blog A Fervenza do Sur
- 12:20 - Descanso - café
- 12:30 - Alex Pedreira, Coachinero vender restauración en Internet, presenta a restalo.es e elmarisconoescaro.com.
- 13:15 - Fernando Rodríguez, Ser Marca, de Briefing Galego, a publicidade en internet, presenta a BAP & Conde, vídeos Vivamos como Galegos!!
- 14:00 - Os mellores vídeos virais e campañas en liña de Galicia no 2011
- 14:45 - Xantar
- 15:45 - Camilo Ameijeiras, da empresa Primate Multimedia Ibérica, s.l., aplicacións informáticas, presenta a Luz Castro da empresa Imaxin Sofware
- 17:00 - David Serantes, coloquio/charla con Javier Pedreira, Wicho: Microsiervos: De la Tierra a la Luna…en un blog
- 18:00 - Espazo SpeakFree: Francesc Pumarola e Javi Rocamora, consegue que che compre produto ou me rexistre no teu blog…vende a túa idea, o teu proxecto en….cinco minutos

A edición de 2011 de Compostweets xuntou a máis de 350 profesionais no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia

PUBLICIDADE