Feijoo promete un Xacobeo 2010 moi tecnolóxico
xoves 14 de maio do 2009, por |
Enviar por e-mail |
| Compartir
O presidente da Xunta de Galicia,
Alberto Núñez Feijoo, na rolda de prensa posterior ao Consello celebrado esta
mañá, declarou que «este Xacobeo
pretendemos que sexa un Xacabeo austero, moderno, tecnolóxico e espiritual»,
para o que xa iniciaron liñas de actuación en relación co financiamento, o
acondicionamento das rutas e Camiños a Santiago, da sensibilización da
poboación, da colaboración con outras entidades e das propostas máis
innovadoras do Xacobeo 2010.
Feijoo asegurou que en xuño presentarÃase o programa de promoción do Xacobeo,
que por primeira vez aposta de xeito importante pola novas tecnoloxÃas «como unha ferramenta de promoción inédita
potentÃsima para atraer visitantes e peregrinos», para o que xa iniciaron
contactos con Google «para que este operadoras
global da Internet estableza a posibilidade de percorrer o Camiño na súa
totalidade dende calquera ordenador de calquera parte do mundo», no que dende
A Nosa Terra estiman que poderÃa ser
un caso de aplicación da tecnoloxÃa Google Street View, o que polo momento
limitábase a unhas poucas comunidades autónomas españolas.

- Imaxe do Opel Astra que percorre as rúas galegas publicada polo diario A Nosa Terra








