Finalmente Twitter incorpora o galego grazas á contribución de tradutores voluntarios

mércores, 20 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Dende Twitter anuncian hoxe (por segunda vez) que, tras engadir o pasado verán á súa páxina web ao catalán e ao éuscaro, agora dan o paso de trasladar esas linguas ás aplicacións oficiais para Android e iOS, á vez que en Twitter.com incorporan o romanés e o galego grazas á colaboración de toda unha comunidade de tradutores que facilitaron que esta plataforma estea dispoñible en máis de 35 linguas.
Lembremos que este avance da nosa lingua en Twitter foi posible en boa medida polas campañas que animaron aos usuarios de Twitter a solicitar a incorporación do galego nesta plataforma (que segue aberta á incorporación de máis linguas) e ás moitas contribucións de voluntarios que propuxeron e votaron as distintas cadeas de texto que compoñen a interface de usuario Twitter a través do Centro de Tradución que continúa aberto ás colaboracións, o que posibilitará que, tras a estrea do Twitter en galego chegue logo a tradución das súas aplicacións móbiles como vén de acontecer co catalán e o éuscaro.

Por fin podemos configurar a páxina web de Twitter para que amose a súa interface en galego

PUBLICIDADE