Firefox estrea soporte de notificacións

martes, 26 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

Firefox para Windows, OS X e Linux vén de estrear a súa versión 44.0, que incorpora algunha nova funcionalidade entre as que destaca especialmente o soporte de notificacións empregando o API Push establecido como estándar W3C que permite que certas páxinas web poidan remitir notificacións, o que permite trasladar ao navegador un comportamento ao que o usuario foi afacéndose no móbil, e que permitiría que puidésemos subscribirnos para recibir avisos cando unha páxina web lance unha promoción, o noso grupo favorito organice un concerto ou un usuario nos remita unha comunicación.
As páxinas web que remiten notificacións piden permiso para envialas ao navegador do usuario, podendo xestionarse as mesmas a través da icona do pecho que aparece na barra de enderezos web, onde podemos activar/desacivar a autorización para que unha páxina web nos remita notificacións.

PUBLICIDADE