Flickr renóvase e ofrece 1 Tb de almacenamento de balde
martes, 21 de maio do 2013
AÃnda que a compra de Tumblr
por parte de Yahoo! fose unha das novas da xornada de onte, a compañÃa
dirixida por Marissa Mayer non quixo desaproveitar a ocasión de ter os focos
sobre a mesma para dar organizar un evento para os medios
de comunicación en New York no que sorprender anunciando a renovación do
seu servizo de imaxes, que levaba varios anos perdendo pulo. O servizo de
Flickr non só muda
a súa aparencia facéndoa moito máis visual (maximizando o espazo que ocupan
as imaxes), senón que tamén muda de modelo de negocio drasticamente, ofrecendo
1 Tb de almacenamento para fotografÃas totalmente de balde (permitindo a
posibilidade de pagar para evitar a publicidade no servizo ou para contar cun
almacenamento aÃnda maior).
Deste xeito, os usuarios de Flickr poderÃan gardar máis de medio millón de
fotografÃas de 6,5 MpÃxeles na súa calidade orixinal, podendo acceder ás mesmas
dende o seu ordenador, a través da web e incluso dende aplicacións móbiles.
Precisamente nesta liña tamén renovan a aplicación
de Flickr para Android, que está agora adaptada a esta nova imaxe do
servizo, facilitando tamén o uso de imaxes na súa calidade orixinal.
O servizo permite subir fotografÃas de ata 200 Mbytes e vÃdeo de ata 1 Gb
(cunha duración máxima de 3 minutos, deixando claro que é un servizo orientado
ao vÃdeo privado e non á súa difusión como YouTube) e con este cambio espera
recuperar a popularidade que lle roubaron nos últimos anos plataformas sociais
como Facebook ou Google+, que tamén facilitan a publicación de fotografÃas.
- Marissa Mayer encargouse de dar a coñecer os cambios en Flickr
- Flickr adopta un deseño moito máis visual tras a súa renovación