GTA V saltará á nova xeración de consolas en novembro
venres, 12 de setembro do 2014
Rockstar
Games anunciou hoxe as datas de lanzamento das novas versións de Grand
Theft Auto V, grande éxito da compañÃa que finalmente
dará o salto á nova xeración de consolas o 18 de novembro (cando poderá
mercarse para Xbox One e PlayStation 4) mentres que os usuarios de PC terán que
agardar ao 27 de xaneiro de 2015 para poder gozar deste xogo que contará con
numerosas melloras fronte á versión de Xbox 360 e PlayStation 3.
Estas novas versións de GTA V
presentarán importantes melloras a nivel técnico e visual, facendo de Los
Santos e o condado de Blaine unha contorna aÃnda máis inmersiva. O xogo contará
con novas actividades, novas armas, novos vehÃculos, máis vida salvaxe, tráfico
máis denso, novo sistema de vexetación, efectos de danos e climatoloxÃa
avanzados... toda unha serie de avances posibles grazas a que agora o xogo
corre en máquinas moito máis potentes.
Aproveitaron a ocasión para engadir tamén unha maior riqueza musical a GTA V, de xeito que contará con máis dun
cento de novas cancións e novas mesturas de DJ a través de 17 emisoras de
radio.
Os usuarios que reserven a nova versión do xogo recibirán un millón de dólares
en cartos do xogo (para gastar en GTA V
e en GTA Online). Amais, as versión
de PS4 e Xbox One incrementarán o número de xogadores en liña até 30,
posibilitándose tamén a migración dos personaxes e progresos da versión do xogo
para a anterior xeración de consolas á nova (de feito, os anteriores
xogadores de GTA V incluso recibirán
contidos adicionais exclusivos).
Último trailer de Grand Theft Auto V