GZnacion escolma en GaZétao as novas máis valoradas polos internautas

xoves, 19 de novembro do 2009 Fernando Sarasketa

A web GZnacion.com está a promover estes días na Rede un novo apartado dirixido a subir un novo chanzo na participación directa dos seus lectores, máis polo miúdo á hora de valorar, como colectivo, onde está o gran e onde está a palla informativa. Estamos a falar de GaZétao, sistema de divulgación de noticias aberto no que se publican as novas máis votadas polos visitantes. Segundo informan os responsables de GZnación, calquera pode poñer a súa información e o propio servizo será quen faga as escolmas das novas con máis aceptación ao longo dun período de un mes.
A idea é dupla: por unha banda o que se quere é dar forma a un reportaxe a publicar no xornal impreso En Movemento e máis na web GZnacion, e, pola outra, preténdese tirar partido das posibilidades da rede participativa para achegarlle corpo ao que sería unha información de valor, en base á peneira colectiva, finalmente libre de datos secundarios.

PUBLICIDADE