PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Garmin terá o seu propio móbil con GPS e navegador web

xoves 31 de xaneiro do 2008, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

A marca de navegadores GPS Garmin sorprende ó anunciar que lanzará no terceiro trimestre do ano un teléfono móbil que levará a navegación persoal e a comunicación a un novo nivel, combinando nun único dispositivo un móbil de altas prestacións, navegador web móbil e un navegador persoal.
O nüvifone contará cunha pantalla táctil de 3,5 polgadas, terán un deseño elegante, será sumamente delgado e contará con conectividade HSDPA, de xeito que será ó igual que o iPhone se presentou coma a combinación perfecta entre móbil e reprodutor multimedia, Garmin fai o propio fusionando móbil e GPS.
As iconas principais amosadas na pantalla do nüvifone corresponden as opción de chamar, buscar e ver mapa, e poderase adaptar de xeito doado para o seu uso no automóbil. Incluirá mapas precargados de Norteamérica e Europa, e será o primeiro dispositivo do fabricante en facer uso do servizo de buscas locais de Google. Tamén acceder ó servizo Garmin Online que achega datos sobre o tráfico en tempo real, o prezo do carburante, cotizacións bolsistas, resultados deportivos, novas, eventos locais e predicións meteorolóxicas.
Integrará unha cámara de vídeo e soporte de MP3 e MPEG4/AAC.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS