PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Gasol farase co anel da NBA segundo unha simulación

xoves 5 de xuño do 2008, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

JPEG - 33.2 KB
Gasol xogou un importante papel en 2 dos 7 partidos simulados

As finais da NBA xa están aquí, e durante un máximo de 7 partidos decidirase cal é o mellor equipo da liga de baloncesto profesional do EE.UU. que nesta ocasión resulta especialmente atractiva dende España porque conta coa presenza de Pau Gasol; pero os máis impacientes que coñecer xa os resultados dos encontros, e decidiron que o mellor xeito de predicir o futuro era simulando os encontros no xogo NBA Live 09 de EA Sports.
Os resultados foron moi interesantes, pois precisaron dos 7 partidos para decidir o campión, quedando Kobe Bryant coma mellor anotador (cunha media de 29 puntos e 6 asistencias por xornada).
Aínda que o primeiro partido se saldase coa vitoria dos Boston Celtics, Los Angeles Lakers lograron remontar nos enfrontamentos virtuais, e o propio Gasol xoga un papel importante os partidos 4 e 5 nos que marcou 19 e 25 puntos respectivamente (sumando entre os 2 encontros 26 rebotes e 8 bloqueos).
Coincidirán estes resultados coa realidade. Superarán na práctica os Lakers aos Celtics como tamén fai na consola de videoxogos. Pronto o saberemos.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS