Gmail inclúe o cheroqui entre as súas linguas

luns, 19 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Aínda que Google ten en conta as moitas linguas que se falan e escriben en todo o mundo para boa parte dos seus servizos, existe certa arbitrariedade nos mesmos, especialmente no caso de Gmail, que é seu servizo masivo no que resulta máis escandalosa a marxinación do galego, posto que xa leva moito tempo dispoñible en español, catalán e éuscaro, e segue a sumar linguas esquecendo a nosa.
A última en incorporarse é o cheroqui, que pese a ter só uns 16.400 falantes e utilizar unha tipografía non latina (polo que precisa dun teclado virtual para poder utilizar o seu sistema de escritura silábica), está xa integrado en Gmail, como xa estaba antes no buscador de Google. Deste xeito Gmail chega á súa linguaxe número 57, e agardemos que pronto chegue se vexa incrementada con linguas moito máis relevantes e utilizadas na Internet como o galego (con máis de 3 millóns de falantes).

PUBLICIDADE