GoPro presenta a súa cámara máis compacta e lixeira: a HERO4 Session
luns, 6 de xullo do 2015
O vindeiro dÃa 12 comezará a chegar as tendas a un prezo de
429,99 euros a nova
cámara deportiva GoPro HERO4 Session, que destaca por conseguir reducir
considerablemente o seu tamaño e peso, á vez que mantén a compatibilidade co catálogo
de accesorios de montaxe de GoPro, facendo aÃnda máis versátil a captura de
imaxes e vÃdeo.
Concretamente a HERO4 Session é un 50% máis pequena e un 40% máis lixeira que
unha HERO4 Black ou Silver, podendo tamén gravar vÃdeo a 1.080p a 60 imaxes por
segundo, a 720p a 100 imaxes por segundo e incluso a 1.440 p a 30 imaxes por
segundo, asà como disparar fotografÃas a 8 MpÃxeles en modo simple, refolada ou
time lapse.
Estamos ante unha cámara resistente (que incluso pode somerxerse na auga até 10
metros sen precisar dunha carcasa adicional), conta cun sistema de dobre
micrófono (que busca funcionar o mellor posible aÃnda que haxa vento ou
esteamos a realizar actividades acuáticas), integra Wi-Fi e Bluetooth (para
poder tirar proveito da cámara mediante aplicacións móbiles), emprega tarxetas
microSD de até 64 GB e a súa baterÃa de 1.030 mAh achégalle unha autonomÃa de
entre 1:35 e 2:05 horas (en función da resolución de vÃdeo empregada e do uso
que fagamos das funcións de control remoto vÃa Wi-Fi).
Aparte da edición estándar, GoPro tamén pon á venda unha edición
Surf polo mesmo prezo que inclúe o soporte para poder colocalo nunha táboa
de surf.
VÃdeo de presentación da GoPro HERO4 Session